CAST / GAL

amor eterno
Susana, 49, A Estrada

"A Pedro encantáballe ir a recoller a Marta á saída do traballo. Emocionábase cando ela lle contaba como fora o seu día: a delicadeza que tiña cos clientes, o movemento da cafetería, a afluencia das salas, as labores de oficina: o encargo das flores, a redacción de esquelas, a tramitación do funeral...

Qué impresión cando vira o crematorio!"

De súpeto, o móbil asustoume bruscamente, e os meus pensamentos esgazaron a pedazos.

Era Marta.

- Mamá... - susurrou ca voz desgarrada - Pedro acaba de chegar ó tanatorio. O enterro é mañán ás 6.
Compartir: