CAST / GAL

Un momento
Carlos F., 37, Vigo

Aínda lembro o frío e a fame da rúa. Iso foi antes de Miguel. Deume un nome e un fogar. Custoume confiar. Logo chegaron as curas no veterinario, a comida rica, o sofá, o segundo sofá, subir á cama, os xoguetes...

Miguel agora traballa e está máis alto ca nunca, pero ultimamente eu só durmo. Non entendo por que, sen feridas, volvemos á consulta, nin por que Miguel me mira así, tan triste. De súpeto estame a entrar moito sono... "Estivemos xuntos só un momento, pero foi precioso". Non sei de que momento fala. Para min, foi toda unha vida.
Compartir: