O que non fixo
Nuri, 18, Santa Comba
Dicía que todo estaba escrito e, por iso, nacera en maio en vez de en abril, que era cando lle tocaba. Que as Parcas tecían o fío da vida e ninguén podía fuxir do seu deseño. Que o Fatum era o verdadeiro deus, e nós, apenas monicreques nas súas mans. E mentres dicía todo iso… nada facía.
Hoxe vive debaixo dunha ponte, agardando o último alento. Porque, segundo el, tamén iso estará escrito.
Hoxe vive debaixo dunha ponte, agardando o último alento. Porque, segundo el, tamén iso estará escrito.