CAST / GAL

O drama do cambio
Marcos T. M., 49, OURENSE

Ante o son duns saloucos, María abriu a porta da habitación de Paula e atopouse só co seu cabelo louro entre as sabas.

Estás ben, neniña?
Si mamá, unha mala noite!
E iso? Por que non avisaches?
Non quería molestarvos.
Mal feito. Cóntame antes de ires ao colexio.
Hoxe non vou. A xente volverase a rir de min.
E logo?
Polos pelos das pernas.
Iso son parvadas. Non fagas caso!
Ademais dóeme a cabeza, estou inchada e mexei sangue esta noite.

María míralle as bragas e sóltalle dándolle un bico:

Menudo drama, filliña! Chegou o cambio, xa es unha muller!
Compartir: