CAST / GAL

Dende a hermética fermosura
Gigi, 31, A Coruña

Existen novas paisaxes que nada teñen que ver con viaxar lonxe e están máis preto de todo aquilo que podo atopar mentres merco o pan, bebo un café, ou nunha cea coas amigas.
O extraordinario -ou cambio, coma ti queiras chamalo- atópate no ordinario.

Aceptamos que todo cambia cando chega o outono. As follas caen para poder renacer. Brotarán flores e tras elas, froitos.
E eu sinto que son esa árbore. Sabéndome castiñeiro, soño con que quizais a próxima primavera torne oliveira e, na seguinte, salgueiro. Pero nunca, xamais, esquezo as raíces baixo esta gran morea de follas.
Compartir: