CAST / GAL

VIAXE DE IDA
Escritoengalego, 25, A Coruña

"O día que viaxes só, non voltarás.” Esa era a mensaxe premonitoria que baruntaba na súa cabeza após espertar dun soño profundo. Dende aquel momento nunca se atreveu a viaxar polo mundo sen compañía. Malia intentalo en moitas ocasións, convencéndose de que era soamente unha mensaxe do seu maxín, nunca soubo por que non atopaba o valor.

O día que ao fin o fixo, entendeu con aquel último latexo que, efectivamente, nunca voltaría. Fora inevitable: non puido fuxir do seu destino.
Compartir: