CAST / GAL

VENTOS DE CAMBIO
Vero Rivero, 58, Vigo

Esa noite foi diferente. Mentres intentaba durmir, a miña mente tremía antes que o meu corpo. Gotas xeadas de suor corrían pola miña fronte e os meus ollos movíanse con velocidade. Ese algo cubriume como as ondas dun tsunami. Era incontrolable. Producíame vertixe. Saían centos de raíces do chan, que me deixaron inmóbil, sen enerxía, sen poder falar. O medo redúcete, impídeche avanzar e é incontrolable cando sopran ventos de cambio. Unha voz devolveume a alma ao corpo, era a miña nai: Filla levántate que hoxe empezas no novo cole. Todo vai ir ben…
Compartir: