CAST / GAL

Fíos invisibles
Bea, 31, A Coruña

Cando nacín, a meiga da aldea coséume un fío dourado no nocello. “Así non te perderás”, dixo. De nena, tirei del entre xogos e soños. De moza, esquecera que existía. Hoxe, camiñando sen rumbo nun bosque que non coñezo, notei o tirón suave no nocello. Seguino. Ao final do fío, agardábame alguén cunha agulla na man e o mesmo destino nos ollos.
Compartir: