Lontras
Ladybird, 37, Valencia
Mira, unha lontra! Mirou fixamente nas augas do río e observou o movemento. O corpo nadando maxestosamente. Debuxando rutas perfectas. A pel coma de neopreno. Precioso animal. Sorriu con ledicia.
Volveu mirar. Esfumouse o soño. No río xa non había nada. Dende hai un tempo na auga só nadan os plásticos, os residuos doutras épocas. Lembra cando o seu marido, lle preguntaba se vía lontras no río Sil, a alegría que levaron cando viron unha xuntos por primeira vez. Quedaba o recordo. E a esperanza… Quizáis un día, polo menos as lontras, volverían ós ríos.
Mirou o reloxo. 14:02, 12/01/2099.