CAST / GAL

Fado cruel
Pedro de Castro, 47, Baiona

Finalista

Onde a chuvia é bendición,
o lume roubou a verdescente canción.
Cinza e saudade, destino ácedo,
nun ceo de brasa, calado o medo.
Fado cruel ou humano tormento?
Non foi a azarosa chama, nin o vento,
senón a man do home, puñal sanguento.

Arderon montes e vidas, soños en rescaldo,
futuro en fume, disolto e desfeito.
Destino escrito ou erro resolto?
En cada chispa, o ultimo alento.

Entre cinzas e ruinas unha flor abrolla erguida,
testemuña do que a noite decide.
O destino é o que a man guía:
renacer da brasa, aínda que a aialma pese.
Compartir: