Meu fillo querido
Patricia, 46, Pontevedra
A súa suave voceciña chamoume dende as escaleiras, escoiteino baixar pasiño a paso, non tiña que darme a volta para saber que estaba todo despeinado, co seu boneco Pepo nunha man e coa otra ben agarrado o pasamans, sentía seus ollos aínda medio pechados e os seus pes nús sobre a cálida moqueta. As bágoas esbaraban pola niña cara mentres seu nome tentaba sair da niña gorxa, morría por correr a abrázalo pero sabía que en canto o fixera todo se esvaneceria coma agua entre as mans, xa facia un año que morrera pero cada mañana volvía sentilo canda min.