CAST / GAL

Avoa
Iria, 35, O Grove

Comezou a enfermar, silenciosa e sibilina.
Preguntaba polo avó, cando xa tiña falecido.

Dende entón, o seu mundo converteuse
nunha simultánea sucesión de vidas pasadas e presentes. Coma unha viaxeira no tempo.

De repente unha simbiose entre a súa infancia e a súa adultez, porque as veces confundíame coa miña nai e falábame do fermosas que eran as súas netas.

Choraba, e mirábame querendo buscar no meu ollar algo que non estabamos nomeando nese intre.
Sabía que nalgunha parte moi profunda atopábase o que estaba procurando, ou quizais pensase que era unha artífice agochando segredos. Era coma un océano.
Compartir: