O que se agocha no pequeno
Coral Pardo, 38, Xove
Finalista
O destino non se anuncia: aparece disfrazado de accidente, de erro, de coincidencia absurda. Unha chamada equivocada que cambia todo un día. Un tren perdido que abre a porta a un encontro. Unha palabra mal dita que revela unha verdade agochada. Teimamos en buscalo en grandes sinais, pero adoita agocharse no pequeno, no que desprezamos por azar. Ás veces odiámolo, botámoslle a culpa de todo; outras, bendicímolo coma se fose maxia. Quizais o destino non exista como forza externa. Quizais só sexa o nome que lle poñemos á suma das nosas dúbidas e tropezos.