Castigo
Iria, 61, A Coruña
Hoxe Laura e Manuel atoparán o seu desapiadado destino.
Dous disparos. Unha figura e media.
Subir ao monte cada tarde para castigar o corpo do home e curar o corazón da muller. Negarlle a comida para afirmar a súa vinganza. Quitarlle todo para non quedar con nada. Abandonalo na escuridade para conseguir algo de luz. Atalo con duras cadeas para soltar odio. Zarandealo, deixalo alí tirado, case morto, moitas veces, moitos días, para que el desexase a súa volta, aínda que fose, talvez, para acabar de matalo. Absorber a última bágoa de Manuel para encher o fondo baleiro de Laura.