MAIÚSCULAS
MALA Fernández, 66, Ames
Vin a súa foto en Tinder: ollos fermosos, sorriso agradable e corpo atlético. Arquitecto.
Like... match.
Quere coñecerme. Pregúntame por flores e cores, propón ceas, escribe poemas, deséxame bos días...
Pídeme o teléfono, porén dubido. Demasiado perfecto?
Quero saber máis, busco en Google o seu estudio. Opinións normais, ata a última mensaxe. Só doce letras, unha soa palabra: ¡¡¡¡PERIGOOOOOSO!!!! -berra unha voz de muller- . Abaixo, rezando, destacan as mans mudas dun emoji.
Percórreme un calafrío. Marcho en silencio. Bloqueo.
O destino, ás veces, tamén advirte en MAIÚSCULAS.