CAST / GAL

NOUTRORA
Ani, 25, Lugo

Cambiou este banco no que sentamos,
pois noutrora fora árbore.
Cambiaron estas flores que nos arrodean,
noutrora foran sementes.
Cambiou esta calma que sentimos,
noutrora fora treboada.
Cambiamos nós,
pois noutrora só eramos ti e mais eu.
Noutrora esta era só unha casa,
mais agora é fogar.
Noutrora era pasado, mais agora é presente.
Compartir: