Superpoder
Enriqueta Alegret, 54, Nigrán
Finalista
Era enorme. A máis grande que vira nunca e estaba na súa casa.
"É unha vida" - pensaba - "Non menos importante ca túa. Que dereito tes?".
So de mirala sentía arrepíos. Era algo atávico.
Foi pola vasoira e bateu sobre a araña que caeu ao chan espatexando. Rematouna dun pisotón.
Mentres todo sucedía, co medo no corpo, laiábase de non ter o superpoder de comunicarse cos animais para poder cambiar o seu destino.