CAST / GAL

A hora exacta
Vieites, 30, Arzúa

Non podían estar xuntos. Pertencían a mundos distintos. El case non saía, atrapado polo esixente traballo. Aínda así, ela volvía sempre. Colocábase fronte á ventá, xusto a tempo, á hora exacta. E entón, el aparecía. Nunca se dicían nada. Só se miraban. Ela sabía que non habería nada máis: nin caricias, nin confesións compartidas. Pero durante ese instante, cando o mundo se detiña e os seus ollos se cruzaban, eran felices. Quizais o seu destino non era estar xuntos, senón simplemente mirarse e amarse, a cada hora en punto, mentres ela agardaba no niño a que el saíse do reloxo.
Compartir: