O Devalo
Cristina, 37, Baiona (Pontevedra)
Negación. Ignorar o acontecido ata esquecelo por completo vivindo nunha tranquila e amarga existencia. Ira. Outro é o culpable, egoísta, ingrato e ambicioso. Negociación. Quizais se me esforzo, se achego máis economicamente, se cumpro as súas expectativas... Uns meses máis poden ser o remedio. Depresión. A realidade deume un sopapo e díxome “sempre estiven aquí, fuches ti quen non me quixo ver”... Non hai volta atrás, non sei que facer, non hai solución. Aceptación. A liberdade de acción é un dereito inherente a todo ser humano. É hora de atopar un novo fogar... Podo conseguilo, superalo e afrontar o cambio.