Cambio radical
Pega Silandeira, 47, San Sadurniño (A Coruña)
A operación foi todo un éxito. Máis longa e dolorosa do previsto, pero imprescindible para converterse na mellor versión de si mesmo. Investiu nela todo o que posuía, sen reparar en gastos nin escatimar recursos.
Comezou extirpando os prexuízos; continuou amputando as envexas e cortando os celos. Cauterizou o medo ao que dirán, suturou as inseguridades e vomitou a culpa.
Tras un exitoso transplante de autoestima, foi preciso inxectarlle unha dose de valor e inocularlle unha miguiña de confianza.
Agora, pouco a pouco, semella outro.
Coa súa receita de amor propio baixo o brazo, camiña fachendoso pola alameda adiante.