CAST / GAL

Convivencias
FilladeBrigantium, 43, A Coruña

Lembro o día que nacín: as mans de Martín, aprendiz de carpinteiro, fabricando con agarimo o asento redondo e tres patas dispostas en trípode.

Na voda con Sara, baixiña e con carácter, querendo coller a botella de champán da lacena, e Martín dicirlle sorrindo: - "Tes o taburete trala porta da cociña!"

As tardes nas que Pedriño sentaba sobre min cos seus libros de animais que o tiñan entretido mentres seus pais botaban sesta.

Hoxe sosteño unha plantiña na casa de Nuria, amante tamén de traballar a madeira. Seu avó pediume que lle conte algún dos seus recordos máis felices.
Compartir: