SOÑO INDUSTRIAL
Oni Larroc, 47, As Pontes ( A Coruña)
Silencio, expectación, morriña e unha conta atrás interrompida unicamente polo estrondo das detonacións.
As catro torres de refrixeración daquela vella central térmica, en desmantelamento, esborralláronse.
Dous segundos.
Iso foi todo o que tardaron en desaparecer.
Os recordos que gardaban, tardarían máis.
Só cando a brisa disipou a nube de po que se ergueu cara ao ceo, foron conscientes da dimensión do cambio.
Non só caeran as torres: derrubárase tamén a forma de vida de todo un pobo.
No seu lugar quedou un solar cuberto de entullos e, entre as ruínas, a incerteza e a posibilidade de comezar unha nova historia.