CAST / GAL

O nome das pedras
Mary Carmen Bozal, 40, Zaragoza

Díxose sempre na aldea que as pedras tiñan nome. As avoas sabíano: unha para parir, outra para rezar, outra para esperar sen chorar. Ninguén escribiu os seus destinos, foron elas quen os fixeron. Sen tinta, sen ruído. Chamaban a iso vivir. Hoxe pasamos correndo por riba delas, sen escoitar o que din. Pero ás veces, cando cala a cidade, o corpo lembra. E entón, sen saber por que, poñemos a mesa como facía ela. E sentimos algo que pesa morniño mais empurra forte. A iso tamén lle chaman destino. Eu prefiro chamarlle matria.
Compartir: