CAST / GAL

Vivir con sentidos
Karlicka Lohan, 31, Ourense

Dixéronme que estaba todo feito: a Dona Destino encargaríase de todo e que non había moito que facer. Pasei a noite chorando, lamentando o corazón roto e a alma espida. Non me quería, e eu sabía que non me quería. Pasaron os días, e a dor cada vez era máis leve. Chegou un día e xa non era perceptible. Ese día senteime novamente coa Dona Destino e pregunteille "por que tiven que pasar por aquela situación?" Ela respondeume que a veces a lección necesita unha alumna que estexa disposta a ver e vivir con todos os sentidos, e fixo sentido.
Compartir: