CAST / GAL

Estudos universitarios
Alexandre, 43, A Estrada (Pontevedra)

Unha vez superada a proba de acceso á universidade, e tras cavilar durante varios días, tomei unha decisión e fun a xunto meu pai a dicirllo.

- Papá, xa sei qué quero estudar. Vou a facer Historia e Xeografía.

- Vas comer landras - contestou sen levantar os ollos do prato.

Cando rematei nas excavacións arqueolóxicas de Barcelona, pasei polo cemiterio para deixarlle unhas flores e limpar os froitos que caían dende o carballo sobre o seu panteón.
Compartir: