A fórmula do cambio
Mariña, 16, Bergondo
—Podes pensar que todo se move ó teu redor, pero tamén pode ser que ti sexas o único que se move e o resto permaneza quieto.
Mentres o profesor de Física e Química abría Educaplus e explicaba un exemplo ó que apenas prestei atención, quedei pensando. Primeiro nas musarañas; despois, no verde da mesa, decantándome de que o próximo ano xa non sería o mesmo. Fiquei mirando as iniciais gravadas na madeira, da xente que xa marchara. Un pensamento levou a outro e... Tocou o timbre.
—Lembrade a idea principal, todos os cambios dependen do sistema de referencia que utilicemos.