CAST / GAL

Bendita xota de Caroi
Xermolo de loureiro, 49, Neda

Viña dunha mala etapa, a vida batera en min con forza, bueno, nos que máis quería, eles xa non estaban, e eu, mergullado na máis profunda tristura, rachado, pelaxaba por agochar esa realidade, intentando convencerme de que todo aquilo que sentía podía cambiar se loitaba por facelo. Sen éxito, pero ferreño no empeño, un día de agosto, na sesión vermú do Irmandiño, ao pé do castelo de Moeche, vina, bailando unha xota, a de Caroi, desbordando ledicia e vida, aquela rapaza loira disfrutando de algo tan sinxelo coma un baile nunha pequeña festa de aldea, sen sabelo, cambioume a vida.
Compartir: